ESPABILA GALLEGO




  • Gravado no Estudio A Ponte (Roxos), con Tomás Ageitos como técnico de gravación e mesturas.
  • Producido por Tomás Ageitos e Terbutalina.
  • Masterizado por  Dr. Chou.
  • Deseño de Rubén Domínguez (Prenom)

LETRAS


Está vostede aquí

Unha nova viaxe,

sen saídas de emerxencia,

imos ir tan lonxe.

Manteña os pés no chan e,

presten atención,

imos ir tan lonxe, tan lonxe.

 

Se alguén se perde, recorde, está vostede aquí.

 

Antes era antes,

agora é agora,

temos a toda esta xente esperando aí fóra.

Manteña os pés no chan,

agora é agora,

imos ir tan lonxe, tan lonxe.

 

Se alguén se perde, recorde, está vostede aquí.

 

E iso é así, 

non hai volta que darlle, 

iso é así.

 

Está vostede aquí.

 


Voan barriles

Se vimos nós, acábase a birra,

cando vimos nós voan barriles.

 

A xente pensa son inmortales, 

a xente pensa son inmortales, 

a xente berra, trae más birra.

 

Cando vimos nós, acábase a birra,

a xente pensa son inmortales,

a xente pensa son inmortales,

a xente berra, trae más birra.

 

Vimos nós e acábase a birra,

vimos nós, voan barriles,

vimos nós, voan barriles,

vimos nós, os inmortales,

a xente berra, trae más birra.


Anímense ao baile

Aí vas, que tes?

Dis que che doen os pés,

da igual, que máis ten?

Ti pásao ben.

 

Non o dubiden, anímense ao baile.

 

Vou por ir,

tamén a min me doen os pés,

da igual, que máis ten?

Ti pásao ben.

 

Non o dubiden, anímense ao baile.

 

E pouco a pouco, imos facendo,

pouco a pouco vaslle collendo xeito.

 

Non o dubiden, anímense ao baile.


L.U.S.E.S.

Entrástesme ata a cociña,

eu que non sei onde teño a carteira

ándanme as chaves perdidas,

e non sei se deixei as luces encendidas.

 

Xa sei ben ao que viña, a cravarme como espiña.

 

Unha tarteira no lume,

alguén non apagou a cociña,

vende fume, sempre hai quen o compre,

quedou resolta a adiviña.

 

Xa sei ben ao que viña, a cravarme como espiña.


Marisco barato

Que verde está todo,

que mal señalizado,

ao café máis aos chupitos doume por invitado.

 

Se queres picante toma tabasco.

Marisco Barato.

 

Que verde está todo,

que pena que esté queimado

á tristura e á pereza, doume por invitado.

 

Se queres que cante toma tabasco.

Marisco Barato.


Antonte vinte

Levo sete días sen durmir,

levo unha semana desperto,

sete son os días que levo sen vela.

 

Levo tres minutos sen pensar,

fai tres minutos que non penso,

sete son os días que levo sen vela.

 

Antonte vinte,

eran as oito e vinte,

paguei por un café un euro e vinte.

 

Antonte vinte,

levo sete días sen durmir, recordo un día...

Tanto ten, vai ser mentira, quedoume fina a sintonía.

 

Antonte vinte,

eran as oito e vinte,

paguei por un café un euro e vinte.


Muinheira de Costa

Eu canto cando quero,

cando non quero non canto,

para os que quero aínda canto,

para os que non, non canto tanto.

 

Eu cántolle ao demo, 

cántolle ao espírito santo,

se non tes quen che cante, 

eu cántoche encantado.

 

Eu cántolle aos amores, 

os amores que non falten, 

temos de cantar, de bailar,

os amores que non falten.


Pura makica

Lin que falan e din,

eu non discuto,

nunca me metín,

neses asuntos.

 

Só traio, pura crema,

eu só traio pura makica, boa coma un queique.

 

Bromas á parte,

que alguén me aparte,

a este repugnante de diante,

brillamos máis que os diamantes.

 

Pura makica, boa coma un queique.


O Rei

Morreu o rei,

eu non o matei, 

matóuchenolo a boa vida.

 


Vou tolear

Se non me queres ver non mires,

se non me queres mirar non escoites,

se non me queres chamar, non me chames,

eu só sei que se seguimos así, eu vou tolear.

 

Se non me quero rir, non me río,

se non me queres chamar, non me fío, 

se non me queres mirar, non me chames,

eu só sei que se seguimos así, eu vou tolear.