A MUERTE

Clica na imaxe para descargar o disco (.zip / 33,1MB)

TERBUTALINA - A MUERTE


Letras "A MUERTE"

Ben Peinados

Hai serpientes enroscadas en tornillos, perdes tuercas e así é moi difícil atopar o camiño. Hai pintura de colores, mans manchadas nunha cova na que nunca pasa nada. E SE VAI SER HOXE, AO MELLOR É HOXE. QUE NOS PILLEN CONFESADOS E BEN PEINADOS! Hai pitillos apagados e pitillos encendidos e un cheiro como a festa.

Acabar tirado

A acera estaba fría, non tiña batería e un chino vende flores. E para o meu bolsillo un taxi non era unha opción, así que seguirei andando. E XUSTO VAI E BÓTANME DO BAR! E XUSTO CANDO ÍA EU BAILAR! E POR RIBA COLLO, VOU E DOUME CONTA DE QUE PUTO CAMARERO DÉRAME MAL A VOLTA! O máximo ao que aspiras cando vas de lado é acabar tirado.

Vas ir a pique

Ti vas aos conciertos e non bailas e bailas sin despeinarte o flequillo e, tío, quita os pantalóns de pitillo porque VAS IR A PIQUE, VAS IR MAR ADENTRO CUNHAS BOTAS DE CEMENTO E NON O PODES ARREGLAR. E ti estabas feito un bo peixe e bailas, estabas feito un bo peixe, e bailas a caldeirada de raia e VAS IR A PIQUE, VAS IR MAR ADENTRO CUNHAS BOTAS DE CEMENTO E NON O PODES ARREGLAR. VAS, VAS IR A PIQUE! VAS, VAS MAR ADENTRO! VAS, VAS IR A PIQUE CUNHAS BOTAS DE CEMENTO!

Espectáculo

Mente de plástico ten un elástico. De silicona é a súa moza que non ten a ESO, ten máster en sexo e todo eso é un resume de que vai caer o ceo e as estrelas tamén e vós ides estar no sofá para ver o espectáculo largo e noctámbulo, de musculados ¿que? Emocionados de ser o epicentro do afundimento e todo eso é un resume de que vai caer o ceo e as estrelas tamén e vós ides estar no sofá para ver o ESPECTÁCULO.

Compostela

E perdes o bus e escúpeche unha baldosa. Eu tamén escupiría se me pisaran todo o día. E chegas tarde á clase e suspendes un exame e por riba é jueves e tes que salir. QUE BONITA ESTÁ POLAS NOITES COMPOSTELA! QUE BONITA ESTÁ... TODOS VOMITANDO NELA! Xa é viernes e tes que baixar e pides un préstamo ao banco familiar e que che manden pasta, que che manden cartos que se non solo vas comer pasta requente!

Prepárate

Non sei ben o que pasou. Sei ben o que bebín. Non sei quen era el. Tampouco me importa. E vamos a salir os dous pola porta e vámolo arreglar a base de hostias. PERO ESO SI, TI PREPÁRATE, QUE AQUÍ VAI CORRER A SANGRE! TI PREPÁRATE! HAS DE SALIR COS PÉS POR DIANTE! TI PREPÁRATE! QUE AQUÍ VAI CORRER A SANGRE! Non se vía moi ben, debeu marchar a luz. Non sei que hora é. Tampouco me importa. E vamos a salir os dous pola porta e vámolo arreglar a base de hostias.

Veñen

Veñen, que vir xa é abondo. Veñen cantando, bailando e gritando. Veñen saltando, bailando e morreando. E veñen, que vir xa é abondo. E SALEN CEDO POLA NOITE, CHEGAN CEDO POLA MAÑÁ E VAN CHEOS DE VIÑO E XA NON VEN CAMIÑO.

0-100

Vas de cero a cen en cero coma. Eres un cero á esquerda como calquera.

Tu-pa!

Bailan tumbados. Bailan no nicho. A estas alturas non pagan facturas. Beben agua, agua bendita. A estas alturas non pagan facturas. E MÓVENSE AO RITMO CARDÍACO DO TU-PA! TU-TU-TU-PA! As viúdas traen tequila e os viúdos traen limón. Aquí non hai sal; hai cal viva. E MÓVENSE AO RITMO CARDÍACO DO TU-PA! TU-TU-TU-PA!

Hai que ir morrendo!

HAI QUE IR MORRENDO! Es la hora del rock bravú. Es la hora del rock estatal. HAI QUE IR MORRENDO!

FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA