"Sonido Esteiro", puntos de venda

Xa está aquí o "Sonido Esteiro" e xa se pode mercar nos seguintes puntos de venda:

 

SANTIAGO

  • Reixa
  • Disco Precio
  • Discos Fans

A CORUÑA

  • Portobello

VIGO

  • Honky Tonk Discos
  • Elepé

MADRID

  • La Integral
  • La Negra
  • Bajo el volcán
  • Café Molar
  • Chopper Monster
  • Delia Records
  • Escridiscos

BILBO

  • Power Records

IRUN

  • Bloody Mary

ALACANT

  • Naranja y Negro

UVIÉU

  • El Último Mono
  • Alta Fidelidad

XIXÓN

  • Paradiso

SANTANDER

  • Discos Cucos

Festa e estrea no Festival de Cans

Este sábado, 27 de maio, estaremos de hihihaha no Festival de Cans

 

Ás 18.30 estrearemos en primicia universal o noso novo videoclip, da canción "Ninguén che quere", que formará parte do noso novo EP Sonido Esteiro. A peza é obra dos nosos benqueridos Producciones Mutantes, autores dos nosos últimos dous videoclips. O videoclip poderase ver en redes o domingo a partir das 14.00.

 

Despois da medianoite, á 00.30, toca festa no Torreiro onde estaremos repartindo amor as usual.


Ferrol e Aguiño, final otomano de luxo


Esta finde será a última da nosa xira por salas presentando o noso AL OTOMANO SE LE VA LA MANO. Teremos a sorte de festexalo na Super 8 de Ferrol e na Sala Real de Aguiño. A vindeira semana presentaremos no Festival de Cans o novo videoclip do que será o noso próximo EP.

 

Toma nota da info das festas finais!

E aquí rematará a aventura que comezamos hai un tempo na Sala Capitol de Compostela...


Bilbo e Iruña... dantzan, dantzan, dantzan!


Esta finde visitaremos por primeira un par de cidades ás que lles tiñamos moitas ganas: Bilbo e Iruña.

 

En Bilbo estaremos na Sala Shake, acompañados por Los Plomos, tocando a partir das 20.30. As anticipadas xa se poden mercar en Codetickets ou na propia sala.

 

En Iruña toca festa na Cavas Disco. Alí estaremos canda Las Tipex a partir das 22.00. As entradas xa se poden mercar na propia sala, en La Urbana, El Infiernito Guitar Shop e Discos Barracuda.



Oviedo y Santander, buen bailar y buen beber


Este fin de semana estaremos  de festa por Uviéu e Santander.

 

O venres 5 estaremos en La Salvaje, a partir das 20.30 con Thee Operators. As entradas anticipadas xa están á venda na propia sala.

 

E o sábado 6 volvemos a xuntarnos cos nosos irmáns cántabros: os Lupers. Estaremos na Sala Niágara a partir das 22.00.



Ourense, volvemos a El Pueblo!

O venres 28 de abril volvemos a El Pueblo Café Cultural, en Ourense. Será a nosa primeira vez no novo emprazamento da sala, a Rúa Hernán Cortés, 26. Desta volta estaremos acompañados polos vigueses Kings of the Beach.

 

A festa comezará ás 22.00 e as entradas xa se poden mercar na propia sala.



La vita è un festiválido et le hihihaha


Comezamos a anunciar os festivais nos que andaremos armando jarana. Toma boa nota:


¡Fiesta en Madrid!

El sábado 25 toca fiesta en el Fun House de Madrid (Palafox, 8). Tocaremos a las 21.00 y las entradas ya se pueden pillar online o en la propia sala.

 

El asunto está incluido dentro del Fala Galego Fest en el que también están The Phantom Dragsters, The Phantom Keys o Familia Caamagno.


Todo o peixe vendido para a festa da Coruña!

Onte, martes, esgotáronse todas as entradas para a festa do sábado 25 no concerto que daremos na Sala Mardi Gras da Coruña. Deste xeito, non se porán entradas á venda en taquilla.

 

Graciñas a todxs!

 

O sábado, a muertísima!


Festa na Illa!

O venres 24 estaremos de festa no Con do Moucho da Illa de Arousa canda os Oh Ayatollah. Comezará todo ás 23.00 e durará o que teña que durar.

 

Xa se poden mercar as entradas anticipadas na propia sala.


Guateque en Lugo

O sábado 18 de marzo volvemos a Lugo e volvemos ao Mercado Street Food.

 

Estaremos tocando nun guateque canda Thee Blind Crows, Chirie Vegas e Sutan. A festa comezará ás 14:30h.

 

Achégate a tomarlle unha con tus amigos de la Terbutalina!

FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA