NON NOS ATURAMOS NA CASA

Demasiado tempo na casa da pé a un capacho de aburrimento. Tanto é así que xa en novembro sacamos os adornos do nadal, e agora, cando vemos o salón parece que estamos en Vigo. Non nos aturamos máis! Por iso, queremos saír unha última vez este ano nunha... TERBUXIRA DE NADAL

 

Tres directos para despedir o ano, pero iso si, sen saír do noso querido concello. Por que o Nadal é unha época para pasar en familia con luz, música e Just happy Christmas de John Lennon.

 

 

Pero hai máis novas SA-BRO-SI-TAS

 

-          Cuenta Mitriani, cuenta!

 

 

Estes concertos serán os primeiros que fará connosco Alex Sevilla como batería! E si, lestes ben. Por desgracia, Héctor (Ojea para los amigos) tivo que deixarnos para centrar os seus esforzos noutros proxectos. Ímolo botar moito de menos como músico e como persoa, e dende aquí desexámoslle o mellor!

 

 

 

Por outro lado, tamén queremos comunicar OFFICIALLY que estamos a traballar en estudio para sacar un NOVO DISCO!!! A medida que vaiamos avanzando iremos sacando máis información. Hasta agora é TOP SECRET.

 

 

 

Saúdos! E recorden, Vémonos nos bares.

 

Invítennos ao que queiran!

 


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA