Bat, bi, hiru, lau... Primeira vez en Euskadi!

O sábado 14 de maio estaremos tocando por primeira vez en Euskadi. Será pechando o festival Udabarri Jaia 2016, en Vitoria-Gasteiz, que organiza a xente de Oihaneder Euskararen Etxea.

 

No festival tamén actuarán Dixebra e Broken Brothers Brass Band. A nosa actuación terá lugar ás 22.30 da noite e a entrada é gratuíta.



FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA