Por 3ª vez, Terbutalina finalista nos Premios MIN

Hoxe espertamos coa nova de que o noso AL OTOMANO SE LE VA LA MANO é finalista ao premio como Mellor Álbum en Galego de 2015 nos Premios MIN!

 

Esta é a terceira vez que un dos nosos traballos é finalista nestes premios. Primeiro foi o noso Hostias para todos, co que resultamos escollidos en 2013, e despois chegou a hora do A MUERTE, que resultou gañador na edición do ano pasado.

 

Unha nova alegría que nos dá este traballo, para o que foi imprescindible o traballo de Tomás Ageitos e Jim Diamond e o apoio de Grabaciones de Impacto e Folc Records.

 

Agora ábrese o prazo de votación popular, polo que o público será quen decida. Lembra que se pode votar na páxina dos Premios MIN e que, se te rexistraches o ano pasado, podes empregar o mesmo contrasinal. Se non, podes rexistrarte nun viravira, pois non che levará máis dun minuto. 


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA