Definitivamente, fóisenos das mans!

Isto non hai quen o pare, otomanas e otomanos!

 

En abril e maio volvemos aos escenarios. Aquí podedes ver todas as datas que se suman á xa anunciada FESTAZA en Madrid. Estaremos de novo en Ferrol, Pontevedra, Madrid, Oviedo, Vigo e Santander e visitaremos Valencia por primeira vez. A continuación poñémosvos un pouco de info de cada bolo, aínda que máis adiante vos tolearemos máis pormenorizadamente sobre cada festa.

 

15 e 16 de abril: Ferrol e Pontevedra

 

A finde do 15 e do 16 toca ultramandanga fina cos valencianos Aullido Atómico. Estaremos en dúas salas que coñecemos moi ben: a Super8 de Ferrol e a Sala Karma de Pontevedra. Nos próximos días anunciaremos onde se porán as entradas anticipadas á venda, para que poidas asegurarte un sitio na festa.


22 e 22 de abril: Madrid e Valencia

 

Este fin de semana armaremos unha visita guiada through the corruption, visitando las ciudades donde se movieron the best tramas of our age. Estaremos o venres 22 en la ya mencionada Folc Stomp do Festimad e o 23 no Magazine Club de Valencia, acompañados again de Aullido Atómico. Una barbaridad!

 

30 de abril e 1 de maio: Santander e Oviedo

 

E o 30 de abril volveremos a Santander para tocar no impresionante Escenario Santander con Jack Oblivian (The Oblivians, The Compulsive Gamblers) e os nosos amadísimos Lupers. Bru-ta-li-da-de! E volveremos á Lata de Zinc, concerto do que vos falaremos máis adiante porque... pode ser unha liada jodidamente épica!


16 de maio: Vigo

 

Ollo a esta data, beibes! O luns 16 de maio estaremos na Fábrica de Chocolate de Vigo cun dúo que chegará desde Cleveland para deixarvos coa boca aberta e as cadeiras rotas: Archie & The Bunkers. Recuerden que el martes 17 es el día de Las Letras Galletas e é festivo, así que o luns poderedes vir bailar a muertísima!

 

E, se mirades a nosa lista de datas, poderedes ver que aínda faltan moitas cousiñas por anunciar...

 

PERMANESCAN ATENTXS!!!



FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA