Otomanas e otomanos, isto non se detén!

Otomanas e otomanos, chega febreiro e volven as festas!

 

Como na Terbutalina somos supersticios e uns mandanga-lovers, tras a festa de presentación de AL OTOMANO SE LE VA LA MANO na Sala Capitol, procedemos como na anterior xira e retomamos os aquelarres no Bar Labranza de Meiro (Bueu), onde o ano pasado estreamos formación con Diego a las maracas e onde se armou un festón épico! Aquí vos quedan o resto de datas de febreiro:

  • 12/02. Bar Labranza, Meiro (Bueu).
  • 20/02. Sala Boogaloo, Cáceres.
  • 26/02. El Pueblo, Ourense.
  • 27/02. Nave 1839, A Coruña.

Ganazas de volver a Bueu, A Coruña e Ourense e de coñecer Cáceres y su gastronomía. Nos próximos días iremos ofrecendo toda a información que necesitades sobre cada unha das datas, para que poidades preparar as escusas necesarias no traballo ou na casa.

 

Máis adiante anunciaremos o resto de datas, pero podémosvos adiantar que volveremos por salas que son como a nosa casa, que viaxaremos pola fermosísima xeografía do Estado e estaremos por Madrid, Valencia, Oviedo... Ah! E continuamos coa contratación aberta para o 2016.

 

Deixámosvos cun vídeo do que foi o primeiro concerto coa formación actual, o ano pasado no Bar Labranza.

 

PRE-PÁ-REN-SE!


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA