Fóisevos das mans!

Otomanas e otomanos, varios días despois aínda estamos asimilando o da semana pasada na Sala Capitol! Estamos agradecidísimos a todas e todos os que enchestes a sala para unirvos a nós na festa de presentación do noso novo traballo! 


Agradecidos tamén a todo o persoal da sala, a Tomás, aos Lupers e a toda a xente que nos axudou antes, durante e despois da festa.


Aquí vos deixamos dous pequenos vídeos que ilustran como comezou e como rematou o asunto.


 E tamén vos deixamos unhas cantas fotos nos que podedes buscarvos por se o día seguinte non vos acordábades de onde estiverades o sábado á noite.


Nas vindeiras semanas iremos anunciando próximas datas e contarémosvos máis novidades sobre o videoclip que gravamos na Capitol.


VAMOOOS!!!


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA