Xa está aquí "AL OTOMANO SE LE VA LA MANO"


Por fin! Xa se pode escoitar e descargar totalmente de balde o noso AL OTOMANO SE LE VA LA MANO! Podes escoitalo e descargalo desde a nosa web, o noso Bandcamp, o noso Soundcloud e desde a nosa canle en Youtube. Tamén xa se pode escoitar desde Spotify.

 

Vale, pero queremos descargalo desde máis sitios porque a vida pasa nun viravira y uno ya no sabe de quién se puede fiar. 

 

Vaia! Pois sabede que tamén se pode descargar desde o Bandcamp de Folc Records, desde o Bandcamp de Grabaciones de Impacto, desde O Toxo Rabudo...

 

Pois menos mal que avisades! Porque eu non me enterei de nada...

 

Vaia! Pois fixéronse eco do asunto en bastante sitios. Así, de primeiras, falaron do asunto en Monasterio de Cultura, Maneras de Vivir, Cultura Galega (porque Terbutalina es cultura), Que Pasa na Costa, Pentavox, Guieiro, Radio Club de CancionesStream or Die, Aún quedan canciones, Croa Magazine, na Revista da TVG, Buena Calle, no ZigZag (onde seremos entrevistados para a semana)... se ata soamos nun programa dunha radio francesa e xa ten un artigo na Wikipedia!

 

Vale, si. Xa vexo que sabedes poñer links no blog. Bien, campeones, pero como consumiteur me encantaría saber lo que sienten vuestras cabesitas y vuestros higadiglios.

 

Vaia! Pois no Galicia por Diante da Radio Galega contestamos co talante e bo facer que nos caracteriza unhas cantas preguntas. Ademais, o martes visitaremos o Onda Vital e tamén estaremos esta semana no ZigZag

 

Vale, todo moi ben. Os reconosco el esfuerso. Os lo recompensaré adquiriendo vuestro vinilo de edisión limitada. Como fago?

 

Comezamos a entendernos. Tes varias posibilidades, todas moi felices e alegres:

  1. Mercárnolo directamente á banda nos concertos. O primeiro día que estarán á venda será na festa de presentación na Sala Capitol. Pilla a túa entrada canto antes e listo!
  2. Reservalo nas páxinas web de Folc Records e Grabaciones de Impacto.
  3. Reservalo nos Bandcamp de Folc Records e Grabaciones de Impacto.

Ademais, lembra que se te presentas á festa da Capitol en camisa de flores, terás un CD de agasallo... E mira que guapos son!

Nas vindeiras semanas o disco tamén estará dispoñible en outras plataformas dixitais. Con todo, xa iremos avisando.

 

Témolo?


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA