O 28 de novembro toca festón en Compostela!

Chega o noso novo disco, AL OTOMANO SE LE VA LA MANO, cun ultrafestón baixo o seu sombreiro!

 

O 28 de novembro estaremos na Sala Capitol de Santiago de Compostela armando unha jarana de proporcións descomunais! Ademais, temos preparadas un par de historias para todas e todos os que veñades!

  • Quen acuda en camisa de flores, ao máis puro estilo Terbutalina, levará un CD co novo disco de agasallo!
  • Imos gravar o noso novo videoclip!

É dicir, queremos armar a maior troula que recordades! E, por se fose pouco, estaremos acompañados polos nosos irmáns os Lupers, a banda máis mongola do hemisferio norte!

 

Asegura a túa participación neste megafestón mercando a anticipada n'A Reixa Tenda (R/Mazarelos, núm. 9, baixo) ou a través da propia web da Sala Capitol. Sigue o evento no Facebook para estar ao tanto de toda a mandanga!

 

O 28 de novembro, váisenos ir man a todas e todos en Compostela!!!



FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA