Estásenos indo das putas mans!!!

Levamos tempo resistíndonos a anunciar todo o que estamos a preparar para este outono... pero xa non podíamos máis!

 

O 11 de novembro lanzaremos o noso novo disco... "AL OTOMANO SE LE VA LA MANO"!!!

 

Algunhas cousas que ao mellor non vos interesan, pero que non por iso deixan de ser verdade, con respecto ao noso novo traballo:

Ademais de poder descargar o disco de balde desde a nosa web e desde outra plataformas, como é marca da casa, este disco será o primeiro da Terbutalina que estará dispoñible en vinilo!!! Agora que xa estabades todas e todos convencidos de que só iamos editar en dixital toda a vida, era o momento de marcarnos un PQC ou, o que é o mesmo, un pero que carallo?

 

Temos que agradecer aos dous selos que se aventuraron a darlle vidilla ao disco:

Nas vindeiras semanas informaremos de cando estarán os vinilos disponibles e como poderedes adquirilos.

 

Ai! Mimá! E que máis? E que máis?

Pois, joder, haberá que celebrar todo isto!!!

 

Para celebrar todo isto celebraremos un tremendo festón en Santiago de Compostela o 28 de novembro. Nos próximos días informaremos ao detalle de todo o que se vai armar na capital galega... Non vos despistedes porque vos prometemos que se vai armar un cristo criminal!

 

VAMOOOS!!!


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA