Se va la Muerte cantando...

Rematamos a xira do A MUERTE que comezamos o 7 de marzo de 2014 cunha festa na Sala Capitol. Tras aquela inesquecible noite, deu comezo unha xira de máis de 40 concertos en salas e festivais na que vivimos moitísimas cousas boas e resacas de tamaño catedral.

 

Tivemos a sorte de compartir escenario con moitas bandas irmás nosas, coincidir con moitas amigas e amigos, disfrutar en todo tipo de festivais e salas ao longo do Estado español, formar parte do programa Artistas en Ruta... E, por se fose pouco, este disco trouxo consigo o Premio da Música Independiente ao Mellor Álbum en Galego de 2014. E, por suposto, non esquecemos a Carlos, ao que este disco tamén lle pertence.

 

Agora toca recoller os bártulos durante uns meses e agocharnos na Terbuguarida. Nas vindeiras semanas iremos anunciando algúns temas que temos moitas ganas que saibades. 

 

Xa vos adiantamos que, cando volvamos, será con novo disco baixo o brazo, amigas e amigos...

 

Preparádevos para o que está por vir, porque se nos vai ir todo das putas mans!


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA