Habemus le winners do sorteuttënh "Theerbutalina Crows"!

Unha vez pechado o prazo para participar no sorteo Theerbutalina Crows temos que agradecervos a todas e todos que vos animásedes a participar. Lamentablemente, só hai dúas persoas gañadoras e, tras celebrar o sorteo sen notario, nin mediadores internacionais, the afortunateds sonvos:

  • Camiseta da Terbutalina: Gloria López
  • Camiseta de Thee Blind Crows: Little Pi

Parabéns aos dous! Para recollelas, só tedes que pasarvos por Cervantes durante as horas que esteamos alí e recoller a cami da talla que máis vos axeite. It's easy!

 

Aquí vos deixamos as capturas de pantalla do sorteo. Por unha banda, as imaxes do xerador automático de números que empregamos e, por outra, a listaxe de persoas con cada número asignado. Que isto podería estar manipulado? Si, claro; pero non o está.


Vémonos esta noite ás nove, xente! Todo cristo á Praza de Cervantes! Vamooos!!!


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA