Sorteo... Theerbutalina Crows!!!

Este mércores toca festaza en plena zona vella de Santiago de Compostela. A partir das 21.00 estaremos armando unha ultrajarana na Praza de Cervantes, acompañados dos nosos irmáns Thee Blind Crows. Todo forma parte da programación do Festival Feito a Man e a entrada será de balde.

 

Para celebrar que volvemos pola capital e que estaremos tan ben acompañados, imos realizar un sorteo de camisetas de Terbutalina e de Thee Blind Crows.

 

Como vai o asunto? Éche ben sinxelo:

  • Tes que seguir a Terbutalina e tamén a Thee Blind Crows en Facebook.
  • Darlle a "Gústame" na publicación do sorteo, en calquera das dúas páxinas de Facebook. Se lle dás nas dúas, tes máis posibilidades.
  • Entre quen faga iso, sortearemos unha das novas camisetas da Terbutalina e unha das camisetas de Thee Blind Crows.
  • Pódese participar ata o mércores ás 12.00
  • Anunciaranse as 2 persoas gañadoras pouco despois.
  • As camisetas entregaranse no propio concerto que daremos en Compostela. Só aí.

A que agardas? Participa!

 

E prepárate, porque o mércores vai arder Compostela!

 

Nota de tus amigos los Terbutalina: durante o verán, a nosa tenda web estará pechada e o noso merchandising só se poderá adquirir nos concertos. Así saes da casa a que che dea o aire.


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA