Volvemos ao Revenidas!

Temos o pracer de anunciar que o vindeiro sábado 22 volveremos a Vilaxoán para armar festa no Revenidas!


É un verdadeiro pracer regresar por terceira ocasión a un festival onde sempre o pasamos carallütenh e onde o bo ambiente do público nunca defrauda! O ano pasado pasámolo teta, mais a de 2012 non foi menos...

Ademais de polo propio feito de ir armar jarana ao Revenidas, para nós é un gustazo poder estar o sábado canda os nosos irmáns da Familia Caamagno. Ademais, compartiremos xornada co grandísimo Leo Arremecaghoná, Spin Te Kú, The Mahones, Kasernarat, Fanfarria Taquikardia, Os PerQtores, Os Terribles de Arousa... Mete medo o asunto!!!

 

O festival complétase con dúas xornadas brutais o venres e mais o domingo con (ollo a isto!) bandas como: Dakidarría, Liska, Xenderal, Swingdigentes, Nao, Brigada AM Sound System, Banda Bassotti, Zoo, Soja, La Raíz, Los Chikos del Maíz... Espabila e pilla o teu bono canto antes!

 

Seguide toda a información do festi no seu facebook ou na súa web.



FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA