Terbutalina is living a celebration!

Estamos de celebración, beibes! Hai exactamente 5 anos que ofrecemos o noso primeiro concerto. Vale que aquel día rebentou un ampli e só puidemos tocar dúas cancións, pero serviunos para ter claro que tiñamos que tocar todo o rápido que puidésemos.

 

Agora Terbutalina somos Migui, Mon, Diego, Brais e Samu, pero tamén son Simón e Carlos, sen os que isto non tería chegado ata aquí.

 

De todos os xeitos, o mellor do que levamos de existencia é o ben que o pasamos cada vez que nos xuntamos e a sorte de poder coñecer un lote de xente boa.

 

Estamos agradecidísimos ás bandas coas que coincidimos ao longo destes anos, a todas as salas e festivais que contaron connosco para armar a súa festa, a técnicos e á xente do mundo do son, á xente de produción, a fotógrafas e fotógrafos, a medios de comunicación, á xente do audiovisual... e, POR RIBA DE TODO, a todas e todos os que dedicaron o seu tempo e esforzo en vir a algún dos nosos bolos, a escoitar a nosa música, a difundir o noso traballo, a aguantarnos as borracheiras e a axudarnos cando nos cruzamos nos seus camiños.

 

A todas e todos, Terbutalina os quiere!

 

E agora toca continuar, porque isto non para!!! BAILEN, HOSTIA!!!


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA