Que bonita está no verán Compostela!

O mércores 19 de agosto estaremos no corazón da Zona Vella de Compostela, na Praza de Cervantes, formando parte da programación do Festival Feito a Man.

 

Obviamente, isto xa nos apetecía moitísimo. Ben, pois resulta que ese día teremos o gustazo de volver tocar cos nosos amigos e parentes Thee Blind Crows. Así que o noso batería vai ter xornada intensa de tu-pa-tutu-pa.

 

Comezará todo ás 21.00 e pasamos lista!

 

Podedes consultar máis información sobre todo isto na web do Feito a Man.



FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA