Estaremos na Festa dos Botes de Arzúa

O venres 7 de agosto darémonos o gustazo de actuar na XXXIII Festa dos Botes de Arzúa.


No cartaz podedes ver todo o que se vai armar por alí. En concreto, o día que imos actuar están programadas (ollo!) cousas tan molonas como un entroido de verán ou unha festa da cervexa.


Nós subirémonos a armar festa ao escenario ás 3.15 da madrugada e antes poderedes disfrutar dos concertos de M.D.B., Doen e mais Crazy Mama.


A entrada é de balde e celebrarase na Praza de Galiza.


Con todo, intentaremos sobrevivir ao venres e poder ficar por Arzúa ata o domingo para poder participar no concurso Bebedores de cervexa. Vaia que si!


Non perdades detalle da programación porque o asunto mete medo!


Vémonos en Arzúa, beibes!


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA