Sesión vermú no Festival Ribeiro Son de Viño

O 18 de xullo teremos o luxazo de estar no Náutico de San Vicente do Mar facendo parte do Festival Ribeiro Son de Viño. Actuaremos nun horario que vimos de descubrir este ano e que, todo sexa dito, nos presta moitísimo: sesión vermú!


Ademais, no festival tamén actuarán Os Amigos dos Músicos, Álex Casanova, Ataque Escampe, Blues do País e Ken Stringfellow. Ademais, haberá pinchadas a cargo de Nano Vinilo e The Mockers DJs, catas de viños e unha charla entre adegueiros e músicos na que teremos representación terbutalínica.


As entradas xa se poden adquirir a través de Ticketea. Espabilade, non vai ser o demo e despois andedes chorando polas esquinas.


Tedes máis información na propia web do festi.



FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA