"A MUERTE", Mellor Álbum en Galego nos Premios MIN

Finalmente, A MUERTE resultou gañador nos Premios da Música Independente na categoría de Mellor Álbum en Galego de 2014.

 

Estamos inmensamente agradecidos a toda a xente que nos votou. E, por suposto, tamén queremos agradecerllo a toda a xente que escoitou, descargou, compartiu e bailou co disco, que é para o que realmente nos rompemos a cabeza, os pulmóns e os brazos día si e día tamén.

Xa sabedes que nós non somos moito de dedicatorias e destas historias, pero temos que lembrar que este premio tamén pertence a un dos seus culpables, o noso compañeiro Carlos. Sen el na batería, o disco non sería o que é. Graciñas de parte dos teus amigos, Carlos!

 

E, como non, agradecer tamén ao grandísimo Tomás Ageitos, que nos aturou durante o proceso de gravación e mesturas. De non ser por el o disco sería... un cristo! 

Lembrade que tanto o A MUERTE, como o resto dos nosos discos, poden continuar escoitándose e descargándose de balde. Así que, a darlle caña! 

 

Por agora, nós imos intentar recuperarnos un par de días, pero pronto volvemos á carga. Nunhas semanas volvemos ao estudio para gravar novo disco.

 

Isto non se detén!

 

A MUERTÍSIMA!


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA