Cantabria, cuna del mongolismo ilustrado

Mentres continuamos recuperándonos do festón que se armou en Salceda o sábado pasado, xa poñemos o punto de mira apuntando cara ao Cantábrico. Esta vindeira fin de semana temos as dúas últimas citas da nosa xira previa ao verán: Mongolfest e Soto de la Marina. A continuasión les explicaremos todo lo que nesesitan saber, chamaquitos. Che voy!

Mongolfest III

O sábado, a partir das 14:00, comeza a festa máis imbécil do hemisferio norte: o Mongolfest!


Teremos o mongólico pracer de volver coincidir cos nosos irmáns de cotolengo os Lupers, ademais de tocar por primeira vez cunha bandaza como son The Pulsebeats. A festa celebrarase nun emprazamento realmente espectacular, a Terraza do Ambigú da Maruca, a entrada será completamente de balde (de balde significa gratis) e haberá paella por só 5 ouros.


Solete, bailoteos, jalufa, subnormalidade avant-garde... A divertirse como montemillonarios!


Resume: como non vaias, vaste arrepentir toda a vida!


La Viga (Soto de la Marina)

Aproveitando que faremos noite en Santander, darémonos o gustazo de ir ata La Viga, no concello de Soto de la Marina, para tocar por primeira vez un domingo á tarde. Comezará o concerto ás 20:00 e a entrada será de balde novamente.


El que no baila es porque no quiere!



FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA