Terbutalina presenta "Vermutalina"

Esta fin de semana tócanos volver á terra prometida: Salceda The Clashelas!


Volvemos á Festa TrezeCatorze, no que será a nosa terceira visita ao torreiro da festa máis demencial que viron os nosos ollos. Ademais, nesta ocasión darémonos o gustazo de tocar na sesión vermú e, para a ocasión, mutaremos en Vermutalina: os temas clásicos da Terbutalina aderezados cuns cantos hitazos da sesión vermú.


Atendede ben ao programa, porque a festa xa comeza o venres e durará ata a madrugada do sábado.


Ah! E todo de balde! Espabila e vente bailar a Salceda!


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA