Inauguramos a Alta Velocidade Rías Baixas-Madrid-Toledo

Logo dunha fin de semana que será inesquecible tras enchermos a Casa Tomada e volver disfrutar como ananos no Liceo Mutante, toca tomar un capacho de café e prepararnos para volver a armala esta fin de semana. O venres estaremos en Madrid e, o sábado, en Toledo. En ambas as datas acompañarannos The Garage Players, cos que xa puidemos bailar este sábado pasado.

A Casa Tomada no concerto do venres pasado
A Casa Tomada no concerto do venres pasado

Deixámosvos a información das vindeiras festas, para que non vos despistedes:

Comezará todo ás 21.00. Pódense mercar as anticipadas a través de Entradium, por só 6€ ou por 10€ incluíndo 2 garimbas. Nas portas subirán a 8€ e 10€.

Dará comezo a festa ás 21.00. As anticipadas neste caso está dispoñibles en Entradium a 5€. Na billeteira poderanse adquirir por 8 bonis.


Tamén podes seguir calquera novidade de ambas as festas tanto no evento do concerto de Madrid como no de Toledo no Facebook.



FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA