"A MUERTE", finalista nos Premios da Música Independente

O noso fillo máis pequeno (estas odiosas metáforas, verdade?) acaba de ser declarado finalista nos Premios da Música Independente na categoría de Mellor Álbum en Galego. Unha vez rematada a votación do xurado, o A MUERTE forma parte do quinteto de escollidos canda os traballos dos nosos irmáns Sub Rosa e de Guadi Galego, Why Go? e mais Xoán Curiel.


Agora ábrese ata o 26 de abril o prazo para a votación do público. Para votar só tes que entrar na web dos premios, clicar en VOTAR e seguir as instrucións. Vaiche levar un par de minutos, agás que aínda teñas un módem de 28.8k.


Participa votando a tus gallegos favoritos e perpetúa a idea tan inofensiva que temos da carretaxe de votos!


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA