Tremebundo fin de semana!

Carallütenh final da primeira parte da xira esta fin de semana pasada en Ferrol e Ourense.


Un luxazo poder volver á Super8 en Ferrol, onde Olalla e Rubén sempre nos tratan como os pais que nunca nos recoñeceron legalmente. Ambientazo xenial e moitos bailoteos! Haberá que volver!


O sábado, tal como se anunciou no Nin Puta Idea (minuto 16:47) tivemos o pracer de coñecer El Pueblo de Ourense, un lugar realmente especial e xestionado de forma espectacular. E sempre o comentamos, pero os concertos son a xente e o do sábado foi un desmadre! Sobrepasastes con moito as nosas espectativas. Podedes ver un vídeo Facebook da sala. Tamén xenial encontrarnos con xente como os Milk It, aos que lles impuxemos un tratamento a base de Estrella Galicia e licor café. 


Rematamos así a primeira parte da xira. Nestes días anunciaremos as datas de abril e maio.


Deixámosvos co programa de GZMúsica TV dedicado á Candeloria. Podedes ver un par de temas nosos a partir do minuto 11:24.


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA