Semana de Tricampionato!

Regresamos dunha fin de semana espectacular no Bar Labranza e na Taberna Marrucho. Como mostra, deixámosvos un documento audiovisual do ultracristo que se armou o venres. Hostia! Que ben o pasamos!

Pero isto non para e esta semana continuamos coa xira. E chega o tricampionato: Oviedo-Lugo-Burela. 


Damos toda a info de cada bolo para que despois non andedes chorando polas esquinas...

  • 26/02. Uviéu-Oviedo

Estaremos tocando ás 21:00 na Lata de Zinc. Acompañaránnos Gilda y los Jolmes

  • 27/02. Lugo

O venres volvemos a Galicia. Estaremos no Festival A Candeloria tocando ás once da noite. Ese mesmo día tamén actuarán Boikot, Xenderal, Liviao de Marrao, Nao e pechará unha pinchada de Croma. Con todo, ide pola web ou polo facebook do festi para estar ao tanto de todas as actividades, de cómo mercar as entradas, etc.

  • 28/02. Burela

Sábado pechamos o tricampionato visitando por primeira vez Burela. Actuaremos na Xebra! ás dez e media. 


Esta semana vai ser a muertísima de verdade! Que nos pillen confesados...



FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA