Se vou a Bueu, vou tamén a Baiona

Trabalinguas a nós? Hehehehe... Por fin volvemos á estrada! Esta vindeira fin de semana arrincamos a xira deste ano con dúas citas moi especiais.


O venres estaremos no Bar Labranza de Meiro (Bueu). Será o noso primeiro concerto nesta sala e a nosa primeira actuación coa nova formación, así que seguro que o pasaremos xenial.


E o sábado teremos o orgullo de poder ser a última banda que toca na Taberna Marrucho baixo os mandos de Gabri e Isiña. Suporá a festa de despedida dos seus actuais donos e, se o pasamos a metade de ben que a última vez que tocamos alí,  a resaca durará uns cantos días.


Vémonos en Bueu e Baiona! Lembrade que nos concertos poderedes adquirir o noso novo merchandising...



FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA