
... Ruth Fernández Arcos. Parabéns á gañadora!
Lembramos que acaba de gañar un pack de festa composto por unha entrada para un dos nosos concertos de febreiro e marzo (agás o da Candeloria), unha das nosas novas camisetas, unha bolsa e unhas chapas.
Para sortear o pack asignamos a cada unha das persoas que premeu "Gústame" na publicación correspondente no noso Facebook e despois empregamos un sistema automatizado para obter un número ao azar. Non tivemos notario porque aínda estamos agardando que os de Turismo nos fagan o ingreso e poder gastar os cartos nesas cousas. Todo é confiar. Deixamos as capturas de pantallas do asunto.
Ruth, fai favor de poñer en contacto connosco para che indicar cómo vai o tema.
E, o resto, vémonos para a semana en Bueu e Baiona!!!