Primeira parte da xira 2015 e sorteo

Novidades da xira

Aí está o cartaz do comezo da xira deste ano, cos concertos que daremos en febreiro e marzo. Ademais, podemos adiantarvos que:

  • O concerto na Taberna Marrucho será moi especial porque será o derradeiro que se dará alí. Celebraremos a súa festa de despedida.
  • No concerto da Lata de Zinc (Oviedo) estaremos acompañados por Gilda y los Jolmes.
  • No concerto  en El Pueblo (Ourense) armaremos a típica festa acompañados de Milk It.

Sorteo: bases e explicacións

Para celebrar que pronto comezará lo bueno, realizamos un sorteo en Facebook. Coma sempre, a mecánica do sorteo será tan sinxela que a poderá entender ata un político standard. Só tes que ir á publicación co cartaz en Facebook e darlle a "Gústame". Non é moi complicado, non?

 

Sortearemos entre a xente participante un pack de festa composto por:

  • Unha entrada para un dos concertos do cartaz, agás para A Candeloria.
  • Unha camiseta da Terbutalina.
  • Unha bolsa de tea da Terbutalina.
  • Unhas chapas da Terbutalina.

Poderase participar ata o xoves 12 ás 12 do mediodía. Ese mesmo día á tarde realizaremos o sorteo e anunciaremos a persoa gañadora.

 

Os premios son transferibles, así que no caso de non poder acudires a unha das festas, podes mandar a alguén de parranda. Máis adiante informaremos de como poderás adquirir as novas camisetas, bolsas e chapas, pero de entrada xa anunciamos que estarán á venda nos concertos.

 

Así que espabila e participa!


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA