Á Terbutalina váiselle a puta pinza

Dixémosvos que este ano se nos ía ir a puta olla y el que avisa, traiciona.

 

Presentamos a nosa nova imaxe, grazas ao traballo de Guillotina Estudio. Dá gusto traballar con xente que está tan tola coma nós. Podes botarlle un ollo ao seu traballo na súa web e no seu páxina de facebook. Son uns cracks!

Como pode que comprobases, aplicamos a nova imaxe a todas os nosos sites: BandCamp, Twitter, SoundCloud, Instagram e Youtube.

 

 

Ademais, renovamos a web e mellorámola nuns aspectos:

  • Incluímos as letras de cada disco da sección Música. Así podes aprender as cancións perfectamente e cantalas like a madafakin master nos concertos. Lembra que podes escoitalos e descargalos totalmente de balde.
  • Permitimos unha visión adaptada para móbiles. É menos lucida, pero así non gastas tantos datos e podes dedicar os teus megas en increparlle aos teus ex ás mil da noite polo Whatsapp.
  • Intentamos facela máis clara, porque estar peneque e andar buscando pola web adiante o que queres non mola nadita. 

E isto é todo? Non, amigas e amigos. Nos próximos días iredes coñecendo todo o que nos traemos entre mans, Así que prestade atención.

 

Este ano, váisenos ir a puta pinza, beibes...


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA