Volven as festas!!!

As nosas familias non nos aguantan máis na casa... As nosas amizades están fartas de aturarnos... As nosas parellas e amantes están indo a terapia para non matarnos do pesados que estamos...

 

Necesitamos volver aos escenarios canto antes!

 

Estas serán as próximas festas que armaremos polo mundo adiante en febreiro e marzo:

  • 20 de febreiro: Bar Labranza, Bueu.
  • 21 de febreiro: Taberna Marrucho, Baiona.
  • 26 de febreiro: La Lata de Zinc, Uviéu/Oviedo.
  • 27 de febreiro: Festival A Candeloria, Lugo.
  • 28 de febreiro: A.C. Xebra, Burela.
  • 6 de marzo: Sala Super8, Ferrol.
  • 7 de marzo: El Pueblo, Ourense.

Continuamos A MUERTE! Con novo batera, cunha presada de temas novos e con máis gañas de deixarnos os pulmóns e a pouca alma que nos queda enriba do escenario!

 

Nas vindeiras semanas iremos achegando detalles de cada un dos concertos. 

 

Permanescan atentas a sus pantallas...


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA