Comunicado oficial: ESTA MUERTE ESTÁ MUY VIVA

1.- Días despois da festaza que vivimos e compartimos coa xente da Rebusca de Manzaneda, tivemos que enfrontar un cambio no grupo. Carlos, o noso batería estes últimos anos, comunícanos que abandona o grupo, moi ao seu pesar e mais ao noso. Non podemos facer outra cousa máis que agradecerlle infinitamente todos estes anos de ensaios, festas, concertos, resacas, viaxes e de esforzos enormes que implica estar nun proxecto coma este. Con el naceron o Hostias para todos, o Ritmo Serbio e mais o A MUERTE e grazas a el puidemos disfrutar a muerte cada vez que nos xuntabamos enriba dun escenario. Todas e todos os que o coñecedes xa o saberedes, pero non podemos deixar de dicir que por riba de todo, Carlos foi e será sempre un amigo e unha das mellores persoas que podedes chegar a coñecer.

2.- Tras a saída de Carlos, contactamos con Diego, batería de Thee Blind Crows (cos que compartimos un festón na Coruña hai uns meses), e propuxémoslle pasar a formar parte da banda. Leva xa varios ensaios canda nós e xa vos anunciamos que este animal da batería estará rebentándovos a alma nos vindeiros concertos da Terbutalina. Un luxazo.

 

3.- E isto non para, amigas e amigos. Estamos a traballar moito no que será a xira que comezaremos en febreiro do ano que vén. En xaneiro anunciaremos as datas das próximas festas que armaremos e algunhas cousiñas máis que estamos a preparar. Lembrade que se queredes contactar connosco para propoñernos calquera cousa, podedes contactarnos no correo contratacion@terbutalina.net

 

4.- Como ben sabedes, a única data que está anunciada a día de hoxe é a do Festival A Candeloria. Pois acaban de confirmar a Boikot como parte da aliñación titular. Non vos perdades o tremendo festón que se vai armar en Lugo.

 

5.- Preparádevos...


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA