Estaremos no Festival A Rebusca

Como xa anunciamos hai uns días, malia a estarmos recluídos no local de ensaio preparando novas tolerías e non estar dando bolos polo mundo adiante, tiñamos xa apalabrada unha festaza que, todo sexa dito, facíanos a hostia de ilusión.


Este ano formaremos parte do Festival A Rebusca, que se celebrará os días 21 e 22 de novembro en Manzaneda. Están a anunciar todas as bandas na súa páxina de Facebook, así que estade ao tanto.


Vémonos en Manzaneda, beibes!

FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA