A Candeloria está en marcha. Espabila!

A Candeloria xa está en marcha. Onte estiveron no Planeta Furancho da Radio Galega Música explicando un pouco como vai ir o asunto. Como sabemos que sodes xente impaciente, Terbutalina explícavolo en catro pinceladas de ilusión:

  • Os bonos para dous días están á venda en oferta en Ticketea por só 10 ouros até o 15 de novembro. Proximamente estarán á venda en puntos físicos
  • Como vedes no cartaz de adianto, as bandas confirmadas son Habeas Corpus, Los Chikos del Maíz (DA BOYS FROM DA MILLO), Liviao de Marrao, Ruxe-Ruxe, Arrhythmia y Terbutalina, tus gallegos preferidos.
  • O bono dá dereito a acampada.
  • No recinto haberá (OLLO!) calefacción e WIFI. Xa só vos falta un sofá e que vos líen os petas.
  • Se antes do 15 de novembro se venden polo menos 500 entradas, vanse anunciar 2 bandazas. Así que aproveita, colabora con que o festi mellore e aforra pasta antes de que o bono suba de prezo. XOGADA MESTRA!!!

Pásate pola web do festi e consulta toda a información que precises.


E non esquezas que a unha festa hai que ir preparad*. Escoita e descarga (de balde) os nosos discos para despois fardar de que podes lembrar cancións levando un camión de garimba no peito.

FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA