Estaremos no 10º Action Weekend

O 3 de abril tocaremos no 10º Action Weekend no que será o primeiro bolo tras a presentación do "A MUERTE" na Capitol.

 

Peralta, Los Tupper, Fogbound, Gamonides, Karma Gurús Greasy & Grizzly, Los Unga Bungas e mais nós seremos as bandas encargadas de vos destrozar as cadeiras.

 

O festival tamén contará con máis actividades, coma un mercado de roupa e discos, teatro infantil, xantares populares... Podedes consultar a programación AQUÍ.

 

O bono anticipado custa só 20 pavos. Así que xa podes ir espabilando e vente bailar a Santander!


FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA