"A MUERTE" non descansa!

"A MUERTE", dispoñible en máis plataformas

 

Tras esgotar as descargar gratuítas de Bandcamp en menos de tres horas e de ser o disco máis popular de Galicia e o quinto de España da plataforma en menos dunha semana, A MUERTE continúa a espallarse pola rede.

 


 

Ademais de anunciar de que recuperamos 200 novas descargas para o noso bandcamp, xa podedes escoitar e, segundo o permita a plataforma, descargar o disco desde:

 

 

Xa sabes, se queres difundir, copiar, pinchar e espallar a nosa música, estaremos encantados de que o fagas, sempre que fagas de balde. Lembra: se che cobran por un disco de Terbutalina, non é Terbutalina.

 

"A MUERTE" na prensa

 

Esta noite, ás 21.00, visitaremos o Nin Puta Idea de CuacFM para presentar o novo disco. Tamén podes entreterte lendo algunhas das referencias ao disco na prensa:

 

 

E lembra que o 7 de marzo estaremos presentando o disco na Sala Capitol e que xa podedes mercar as entradas n'A Reixa Tenda. Ademais, temos montado un sorteazo entre quen se faga coas anticipadas! 

FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA