Sorteo "Acabar tirado"

ACABAR TIRADO

O 7 de marzo presentamos A MUERTE na Sala Capitol e, como sempre que celebramos unha festa deste tipo, queremos agasallarvos dalgún xeito.

 

O obxectivo do sorteo que imos armar ten un obxectivo claro: QUE ACABEDES NO CHAN!

 

Explicamos todo claramente:

 

  1. Merca a túa anticipada n'A Reixa Tenda.
  2. Envía o teu nome completo e mais o número da túa entrada a: acabartirado@terbutalina.net ou a través de mensaxe ao noso Facebook.
  3. Poderás presentarte ao sorteo antes do xoves 6 de marzo ás 20.00.
  4. Entre quen mande un correo cos seus datos sortearemos 3 vales de 20€ en consumicións na Sala Capitol válidos para o día do concerto.
  5. O sorteo farémolo en directo no Planeta Furancho da Radio Galega Música o propio xoves día 6 de marzo á noite. Despois, xa nos poremos en contacto coas persoas gañadoras coas indicacións para retirar o teu vale.
  6. Lembra que a entrada está prohibida para menores de 18 anos.

 

Participa ti mais a túa xente e prepárate para ir de lado!

 

Espabila e vente bailar á Capitol, pero iso si, faino A MUERTE!!!

FACEBOOK TERBUTALINA
TWITTER TERBUTALINA
YOUTUBE TERBUTALINA
BANDCAMP TERBUTALINA
SOUNDCLOUD TERBUTALINA